4, 8 millóns para o consorcio de bombeiros e integración do parque monfortino

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela, presidiron hai uns días o décimo Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros no que se aprobou por unanimidade o seu Orzamento para 2012 dotado de 4.782.499 euros, asumidos ó 50% por Xunta e Deputación. O presuposto increméntase en máis de 1 millón de euros con respecto ó ano pasado, concretamente en 1.081.581 euros, debido á incorporación ó Consorcio do parque de bombeiros de Monforte de Lemos que Besteiro e Rueda situaron “antes do verán”. Con respecto á vindeira integración de Monforte no Consorcio, é necesario acondicionar o espazo e as inmediacións do propio parque xa que, froito do paso do tempo, é preciso actualizalo para igualalo ás novas instalacións construídas noutras comarcas.

O Orzamento aprobado contempla unha partida superior ós 500.000 euros para a mellora e á adaptación das instalacións monfortinas co fin de que este complexo teña as mesmas características que os outros parques do Consorcio. Con este presuposto, adquiriranse 1 camión bul e outro lixeiro, quedando 4 vehículos preparados para cubrir emerxencias ó igual que nas restantes instalacións contraincendios. Tamén prevén mercar todo o material interior necesario, dende mobiliario ou material informático ata traxes de protección ou ferramentas. Este investimento nas instalacións que darán cobertura á comarca de Lemos responde ás necesidades detectadas polos técnicos na súa visita a este complexo. Ademais, tamén se iniciará a selección de persoal para o parque. O Consorcio aprobou un Presuposto no que os restantes 4 millóns de euros serán para a xestión do servizo durante os vindeiros 12 meses nos parques de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte para a cobertura contraincendios as 24 horas.

Dende a posta en marcha dos 5 primeiros parques do Consorcio o 1 de maio, e ata finais de novembro, os 100 bombeiros recén contratados levaron a cabo 300 intervencións nos 50 Concellos da provincia no que prestan este servizo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta aproba o novo decreto que rexirá a actividade vitivinícola

Seguinte Nova

Actividade diaria para os nenos durante as vacacións de Nadal en Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: