A Denominación de Orixe Ribeira Sacra aproba os censos provisionais para as eleccións

• A Denominación de Orixe Ribeira Sacra prepara xa as eleccións ao Consello Regulador que se celebrarán entre finais de abril e comezos de maio. O pleno serviu tamén para aprobar os censos provisionais. Por primeira vez, no caso dos viticultores, establécense todas as divisións de censo que define o regulamento do Consello Regulador. Nas anteriores eleccións o censo dos viticultores referíase únicamente a viticultores que venden uva. Para as eleccións deste ano o censo de viticultores divide aos viticultores de máis extensión ata 400 hectáreas, que elixen a 2 representantes; o resto de viticultores que venden uva elixen a 3 representantes, e os que non venden uva elixen a 1 representante. No caso das adegas establécense tamén tres apartados que as dividen nas que de media nos últimos 3 anos comercializaron o 65% da produción, que elixen a 3 representantes; as que representan o 15% da produción do Consello elixen a 1 representante, e o resto de adegas elixen a 2 representantes. Á espera da convocatoria de eleccións por parte da Consellería, o C.R. comeza un ano para o que ven de aprobar nun pleno o orzamento que ascende a 604.000 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra está presente un ano máis en FITUR

Seguinte Nova

Comercio en Sarria: Premiados por mercar na vila

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: