O malagueño Samuel Perea e o israelí Victor Gloger, fundadores da ONG “Cocina por la Paz”, fixeron unha demostración de cociña sefardí no Parador de Monforte de Lemos, nunha sesión á que asistiron oito cociñeiros da hostelería monfortina. Logo de participar con gran éxito no Forum Gastronómico de Compostela, tentaron achegar aos profesionais locais as singularidades da gastronomía sefardí a través deste obradoiro, iniciativa promovida pola Rede de Xuderías -Camiño de Sefarad.
SABORES ACTUALIZADOS
Os chefs Gloger e Perea prepararon diversos pratos inspirados na cociña das antigas comunidades hebreas da península, aínda que aliñados cun toque de modernidade. Tortilla de cus cus con chibo mamote, tajim de peixe, molturada de aceitunas verdes, e xemas recheas de redución de chocolate e Pedro Ximenez, foron algúns dos manxares elaborados polos dous afamados cociñeiros.
PROGRAMA DE EXCELENCIA TURÍSTICA
O obradoiro está vinculado ó programa RASGO que impulsan as 23 cidades da Rede de Xuderías de España da que forma parte Monforte. RASGO é un programa de excelencia dos servizos e produtos turísticos que ofrecen as xuderías para potenciar un turismo cultural de calidade baseado no legado sefardí.