Completado o novo mapa de emerxencias da provincia

Os GRUMIR pasan a ser Grupos de Emerxencias Supramunicipais según a nova distribución

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia, onde confirmou que o ente provincial cofinanciará por vez primeira os Grupos de Emerxencias Supramunicipais. GPDL.

O territorio lucense conta xa con cobertura total fronte a emerxencias tralo acordo entre Xunta e Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que establece a figura dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), en sustitución dos antigos GRUMIR. Este operativo responde ao cumprimento do Pacto Local, e implica, según manifestaron os seus promotores, «unha distribución máis racional de recursos e unha financiación máis estable». Con este último fin, a Deputación de Lugo conirmou que por vez primeira cofinanciará os Grupos de Emerxencias Supramunicipais, aportando o 20% dos custes destes servizos, que se completarán co 60% aportado pola Xunta de Galicia e o 20% polos concellos. Según precisou o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, durante a súa comparecencia no Parlamento galego, esta aportación se encadra na «aposta do ente provincial polo emprego e pola máxima cooperación cos concellos».

Os antigos GRUMIR de Quiroga mantenen as súas características baixo a nova denominación de Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). EC.

O POR QUÉ DAS NOVAS SEDES DOS G.E.S.

A nova redistribución do mapa de emerxencias en Galicia fai posible cubrir todo o territorio, establecendo os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) en zonas onde non houbera outros servizos de emerxencias (para evitar duplicidades cos parques comarcais de bombeiros), tendo en conta ademais a poboación atendida, e a súa localización en zonas con riscos potenciais (temporais, inundacións, empresas do sector químico, vías de comunicación ou zona de montaña, entre outros). Ademais, tívose en conta a existencia de medios e recursos municipais e de estrutura organizativa de emerxencias para establecer a sede dos GES. Así, a provincia de Lugo contará con sete Grupos de Emerxencias Supramunicipais de 12 membros cada un, que completarán o mapa de servizos do parque municipal de Lugo, e dos parques comarcais de Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte (integrados no Consorcio Provincial de Bombeiros, cofinanciado a partes iguais pola Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo). Os GES traballarán coordinados tecnicamente cos servizos contraincendios, os distritos forestais e coa Central de Atención de emerxencias do 112, as 24 horas os 365 días do ano, mentres que a coordinación ordinaria dependerá do concello sede das instalacións.

FUNCIÓNS DOS GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (GES)

• Intervención en incendios forestais e urbanos •Realización de traballos forestais e de medio ambiente, preventivos e de extinción •Intervención na rede de estradas para manter en condicións óptimas a circulación •Intervencións en situacións de riscos naturais ou inducidos pola acción humana • Colaboración nas funcións dos grupos de acción establecidos nos plans de protección civil (parques comarcais de bombeiros, Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, protección civil e servizos sanitarios, baixo a coordinación do 112).

NOVO MAPA DOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS NO SUR DE LUGO

•Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte de Lemos (integrado no Consorcio Provincial de Bombeiros) •Parque Comarcal de Bombeiros de Sarria (integrado no Consorcio Provincial de Bombeiros) •Parque Comarcal de Bombeiros de Chantada (integrado no Consorcio Provincial de Bombeiros) •GES de Becerreá (cobertura nas comarcas de Os Ancares, Lugo e Sarria) •GES de Quiroga/Folgoso (cobertura nas comarcas de Quiroga e Terra de Lemos) •GES de Monterroso (cobertura nas comarcas de A Ulloa, Lugo e Chantada).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A danza oriental prende en Monforte

Seguinte Nova

Apoio provincial ao programa de estimulación cognitiva para enfermos de Alzheimer da comarca de Lemos promovido por AFAMON

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

     
A %d blogueros les gusta esto: