UGT-Lemos considera “preocupante” o aumento en 112 desempregados respecto a abril de 2012

O secretario comarcal do sindicato, Mario Docasar, advertiu ademais do “estancamento” do sector servizos no sur de Lugo, que acumula un total de 2.463 parados, “e que apenas está a xerar na hostelería uns cantos empregos”. Dende a formación sindical valoran “moderadamente” a diminución en 54 parados respecto ó mes anterior, aínda que responde á coxuntura do comezo da temporada estival. Docasar pediu “por enésima vez” á delegada territorial da Xunta en Lugo un Plan de Emprego para esta zona, xa que non ven reactivación na economía, “senón máis ben ó contrario, porque os empresarios seguen a presentar EREs”. Dende o sindicato alertaron de que “seguimos creando un 90% de contratos precarios fronte ó 10% de indefinidos, e considerou “preocupante” a falta de creación de emprego na industria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comerciantes e empresarios de Sarria achéganse ó comercio electrónico nunha xornada informativa

Seguinte Nova

Inaugurado o Albergue A Granxa de Barreiros en Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: