Pulo ó comercio e á eficiencia enerxética no concello de Sarria

A vila de Sarria é rica en iniciativas dinamizadoras por parte das asociacións comerciais ó longo de todo o ano. Para contribuír a dar pulo a actividade comercial, a Consellería de Economía e Industria ven de aprobar unha achega de 22.000 euros para o Centro Comercial Aberto de Sarria, destinada a apoiar esta labor dinamizadora e favorecer así o comercio local. Asimesmo, as rúas sarrianas gañarán en eficiencia enerxética coa nova iluminación de baixo custe que o Concello instalará nas rúas Nova e Fernando de Castro, gracias a unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), por valor de 60.000 euros. Con esta medida, as arcas municipais aforrarán preto de 11.000 euros anuais na factura da luz, e o medio ambiente gañará en calidade o equivalente a plantar 1.000 árbores.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta aprobou obradoiros de emprego para Sarria, Sober, O Saviñao e Pantón

Seguinte Nova

Polémica en torno ó catamarán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: