• O Club CSC Cancodrilo organiza para o vindeiro 14 de setembro o I Longskate Day en Sarria, unha competición de descenso de monopatíns con velocidades superiores ós 50 quilómetros por hora. A proba contará con participantes chegados de diversos puntos de Galicia, que realizarán o trazado dende Farbán ata o Campo da Feira, baixando polas Pedreiras, tramo de máxima espectacularidade polas súas curvas, e onde a organización instalará unha carpa con música e bebidas. Ás once da mañá comezarán os adestramentos libres, e a competición infantil será ás 12 horas. Ó mediodía haberá churrascada, e ás 15 horas será o descenso freeride, e ás 17 a competición crono. Ás nove entregaranse os premios en infantil, adultos e ó mellor derrape.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un