O último Pleno municipal do ano 2013 en A Pobra do Brollón rematou co rexeitamento da moción presentada polo Partido Popular en contra do Plan de Emprego da Deputación de Lugo. Nacionalistas, socialistas e independentes frearon co seu voto esta moción que “amosa ben ás claras que o portavoz do grupo conservador defende exclusivamente os intereses do seu partido en detrimento dos desempregados do seu municipio”, según precisaron os voceiros do BNG en Brollón. Os nacionalistas de A Pobra defenderon que o Plan de Emprego do organismo provincial “pretende paliar a escandalosa cacicada dos Obradoiros de Emprego da Xunta de Galicia, que fixo caer en mans dos concellos gobernados polo PP 19 dos 21 obradoiros que correspondían á provincia”. Asimesmo, dende o BNG de A Pobra lembraron que o último obradoiro de emprego desenvolvido neste concello “foi concedido polo Goberno bipartito, aínda que estivese gobernando o Concello o Partido Popular; velaí a diferencia”.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás
O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,