O 11 de maio arrincará a XXXI Copa Deputación de Fútbol

Participan 83 equipos dende 3ª Autonómica a Preferente, e a totalidade dos equipos femininos

A comezos deste mes foi presentado o cadro de emparellamentos para a XXXI Copa Deputación de Fútbol, no que participan 83 equipos dende Terceira Autonómica ata Preferente. O vicepresidente da Deputación e responsable da Área de Deportes, Antonio Veiga, explicou que o ente provincial destina para esta proba un orzamento de case 90.000 euros, similar ó do pasado ano, o que permite manter a contía dos premios. Así, o equipo gañador da categoría de 1ª Autonómica e Preferente levará 5.000 euros, e o subcampión 4.000 euros, e todos os equipos recibirán 450 euros por cada partido xogado.En 2ª e 3ª Autonómica, os premios serán de 4.000 e 3.000 euros para campión e subcampión, respectivamente, e cada clube recibirá 385 euros por partido xogado.

FASE PREVIA DOS EQUIPOS DO SUR LUCENSE EN PREFERENTE E 1ª AUTONOMICA

En canto ós emparellamentos, na categoría de Preferente e 1ª Autonómica, a Sarriana enfrontarase ó Residencia o 25 de maio, e ese mesmo día o Atlético Escairón xogará contra o Ribadeo. O Chantada recibirá ó Rioaveso o 1 de xuño, e nesa data o Lemos xogará contra o gañador do Pastoricense-Bóveda, disputado o 25 de maio. O día 25 o Taboada viaxará á Mariña para enfrontarse contra o Viveiro. A final disputarase o 22 de xuño.

FASE PREVIA PARA OS DO SUR LUCENSE EN 2ª E 3ª AUTONÓMICA

A competición en 2ª e 3º Autonómica comezará o 10 de maio, co partido entre o Arenas e o Ferreira, na mesma xornada na que se enfrontarán o Sober e o Río Sil. O domingo 11 de maio disputaranse os partidos Paradela-Oural, Chantada B-Chantada Atlético, e Quiroga-Brollón. A xornada de volta para os equipos do sur lucense desenvolverase o 17 e 18 de maio. Os partidos de ambas categorías comezarán ás 18 horas. A final disputarase o 29 de xuño.

O MONTEFORTE LOITARÁ POLA VI COPA DEPUTACIÓN

Pola súa banda, a VI Copa Deputación feminina contará coa totalidade dos equipos lucenses. O Monteforte disputará unha semifinal coa Milagrosa, que se verán as caras na final co Peluquería Mixta Friol disputándose o mesmo día que a final de 1ª Autonómica e Preferente. O equipo vencedor levará un premio de 5.000 euros mentres que os outros dous conxuntos levarán 4.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación esixe á Xunta que se declare Ben de Interese Cultural o conxunto das pontes medievais de Sarria

Seguinte Nova

O 23 DE ABRIL REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS PARA O SERVIZO DE CAFETERÍA DO CENTRO CÍVICO DE MONFORTE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: