O 7 E 8 DE XUÑO, III XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DOS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA

Durante a presentación desta iniciativa, a conselleira de Medio Rural lembrou que Galicia produce máis de 44.000 toneladas de uva ao ano e 360.000 hectolitros de viño, cun valor económico que supera os 150 millóns de euros. Rosa Quintana explicou que «estes datos son a demostración palpable do compromiso dos produtores, dos colleiteiros e dos adegueiros coa mellora constante na elaboración, comercialización e promoción destes caldos”. Precisou tamén que o obxectivo destas rutas dos viños é que “os consumidores actuais e potenciais poidan visitar e coñecer de primeira man as adegas, as uvas, a súa elaboración e como se segue o proceso ata chegar ás nosas mesas”. Nestas xornadas poderán facerse visitas guiadas e gratuítas ás adegas, cun programa especial de actividades para a fin de semana: catas comentadas, visitas a museos do viño, rutas monumentais, paseos en barca, trens turísticos, descontos en aloxamentos e outras accións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

1.200 lucenses poderán beneficiarse dunha nova edición do programa provincial Termalismo no Camiño

Seguinte Nova

Entregados os premios da XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: