O IES A Pinguela, incluído de novo no programa de mobilidade Erasmus Plus da Unión Europea

• O Ministerio de Educación adxudicou este mes ó IES A Pinguela de Monforte un total de tres becas para estadías do alumnado dos Ciclos Superiores nos países da Unión Europea, dentro do programa Erasmus Plus. Estas tres mobilidades, que se desenvolverán durante o vindeiro curso 2014/2015, terán unha duración total de nove meses, e estarán financiadas con 3.150 euros.

CONTINUIDADE RESPECTO Ó CURSO PASADO
No curso que vén de rematar, tres alumnos dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas e de Administración de Sistemas Informáticos e Redes disfrutaron deste tipo de mobilidades Erasmus para realizar a FCT en Irlanda, Inglaterra e Alemania.
Ademais, outros catro alumnos dos Ciclos Medios de Peiteados e Cosmética Capilar e de Xestión Administrativa realizaron a FCT en Francia e en Irlanda por medio do Programa Leonardo bianual 2013/15. Este programa permite ó alumnado deste nivel educativo recibir unha experiencia formativa e cultural en empresas de diferentes países de Europa.

VALOR ENGADIDO POLA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E A EXPERIENCIA PERSOAL
Dende o IES A Pinguela congratuláronse pola continuidade destas mobilidades, xa que ademais da experiencia laboral que ofrece ó alumnado, lles outorga un valor engadido en canto á inmersión lingüística noutros idiomas, así como unha interesante experiencia vital.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Brollón, Sober e Carballedo acollerán actividades do programa Augalingua en xullo e agosto

Seguinte Nova

Orzamento de 18,2 millóns de euros para a conservación da rede de estradas provinciais

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: