Primeiro paso para recuperar o complexo de Augas Mestas

Tras dez anos sen actividade

• A Deputación de Lugo presentou a mediados do mes de xullo o proxecto de rehabilitación de Augas Mestas e o prego de condicións que rexerá o concurso público da súa concesión, que xa foi aprobado en Xunta de Goberno. O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, remarcou que “resolvemos outro problema herdado, pois Augas Mestas leva máis de 10 anos sen actividade, poñendo en valor estas instalacións en impulso da Ribeira Sacra e da súa candidatura a Patrimonio da Humanidade”.
Pola súa banda, o delegado de Cultura e Turismo, o nacionalista Mario Outeiro, destacou que “converteremos Augas Mestas nun referente turístico da Ribeira Sacra, en beneficio da economía da provincia”. Asimesmo, o alcalde de Ribas do Sil e deputado de Goberno Interior, Miguel Sotuela, destacou que “cremos no potencial de Augas Mestas para impulsar a zona Sur”. Pola súa banda, o concelleiro de Festas de Quiroga, José Luis Rivera, apuntou que “este proxecto favorecerá ó Concello de Quiroga e, en xeral, a toda a Comarca de Lemos, polo que agradecemos á Deputación a posta en valor destas instalacións”.
O proxecto de rehabilitación implica a posta ó día e mellora do conxunto de instalacións que o integran: do edificio principal, coa cafetería e vestiarios; das dúas piscinas, da zona de camping, así como da zona de aloxamento para o inverno. O orzamento é de case 400.000 euros, dos que a Deputación inviste 93.000 euros de fondos propios e a concesionaria adiantará 306.000 euros. As obras comezarán entre setembro e outubro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Concello e Deputación para a continuidade do Conservatorio de Música de Monforte

Seguinte Nova

O Goberno provincial esixirá a Fomento a eliminación dos pasos a nivel de Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: