As Áreas de Cultura, Igualdade e Xuventude do Concello de Quiroga veñen de poñer en marcha o programa de actividades para o curso 2014-2015, que inclúe diversos eventos para nenos e nenas, así como para maiores de 12 anos e adultos. Así, dende principios de outubro desenvólvense as clases de zumba e batuka, os xoves de 19 a 20 horas, cun custo de 15 euros mensuais por persoa.Tamén está en marcha o servizo de Ludoteca, co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar, ao tempo que se ofrece unha alternativa lúdico-educativa para os máis cativos. A Ludoteca funciona en horario de 16,30 a 20 horas, de xeito ininterrompido, os martes e xoves, cun custe de 10 euros mensuais por persoa. Aplícanse descontos para irmáns, familias numerosas, monoparentais e alumnado que estea inscrito en alomenos catro actividades organizadas polo Concello de Quiroga. Os participantes poderán levar a merenda para consumila durante o tempo de permanencia na Ludoteca. Por outra banda, os xoves de outubro acolleron a celebración do obradoiro gratuíto “Customiza as túas camisetas”, nas que os participantes puideron actualizar as súas prendas botando man da súa creatividade e das técnicas aprendidas no taller. Asimesmo, continúan as clases de scrapbooking, os luns de 17,45 a 19,45 horas para os maiores de 12 anos, e os venres de 18 a 19 horas para os menores de 12 anos. Este obradoiro é gratuíto, e os participantes só deben custear os seus propios materiais. As inscricións en calquera das actividades organizadas polo Concello de Quiroga debe realizar na Casa da Cultura, ou chamando ao teléfono 982 435 125.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de
Sempre son de agradecer as novas iniciativas culturais que xorden na nosa comarca. Unha delas, é
Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón
Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA
• Dentro da programación conmemorativa que organiza a Deputación con motivo do Día da Muller, o