UGT-Lemos denuncia que o 42% dos desempregados da zona sur non cobran ningunha axuda

Alertan de que a axuda de 426 euros para parados maiores de 45 anos anunciada polo Goberno «vai tardar uns meses, e esixirá facer un itinerario formativo antes de solicitala»

O vicesecretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, vén de denunciar a situación de 1.600 desempregados da zona sur de Lugo que xa non cobran ningún tipo de axuda. Esta cifra supón un 42% do total de persoas que ao remate de 2014 se atopaban sen traballo nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada en 3.782.

«FUTURO NEGRO» PARA OS DESEMPREGADOS

Docasar suliñou que estes datos «fan pensar nun futuro negro para os nosos parados, e de forma especial para os maiores de 45 anos». O vicesecretario xeral de UGT-Lemos alertou de que a axuda de 426 euros para este colectivo anunciada polo Goberno en decembro «vai tardar uns meses, xa que terán que facer un itinerario formativo antes de solicitala». Ademais, dende este sindicato manifestaron a súa «preocupación de forma prioritaria» pola mocidade, «os xoves que cansados de buscar emprego aquí marchan para outras comunidades ou para Europa». Neste sentido, dende UGT-Lemos lembraron a responsabilidade do Goberno en canto á posta en prática de políticas activas de emprego para este colectivo. «Non entendemos cómo a Xunta non realizou un plan de emprego para os máis de 197 mozos e mozas que remataron os seus estudos e non teñen ningún tipo de axuda», explicou Docasar.

En canto ás cifras do paro en decembro, o vicesecretario xeral deste sindicato destacou que segue a subir en concellos como Monforte ou Bóveda. Por sectores, a industria rexistrou en decembro un 2,4% máis de paro, e na construcción o incremento foi do 5,8%.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Unidade de Saúde Mental da área sur trasládase á zona de consultas externas do Hospital de Monforte

Seguinte Nova

Éxito de convocatoria dos primeiros cursos do Pacto Provincial polo Emprego II

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss