Completadas as melloras no Edificio Sociocultural de Ferreira

Os traballos renovaron o aspecto e a seguridade do baixo deste edificio, co arranxo do falso teito que presentaba un importante deterioro

Os traballos no falso teito do baixo do Edificio Sociocultural  de Ferreira melloran o aspecto do centro urbán desta vila. EC
Os traballos no falso teito do baixo do Edificio Sociocultural de Ferreira melloran o aspecto do centro urbán desta vila.
EC

• O Edificio Sociocultural de Pantón abreu o ano cun mellorado aspecto, logo dos traballos de acondicionamento do falso teito do seu baixo. Esta intervención, financiada a través dun convenio de colaboración entre o Concello de Pantón e a Área de Cultura da Deputación por valor de 6.000 euros, contribúe a mellorar a imaxe deste edificio de cara aos visitantes da Oficina de Turismo, situada na segunda planta do edificio, así como a garantir un axeitado disfrute deste espazo para a veciñanza.

Os traballos supuxeron a retirada dos restos do falso teito anterior, que presentaba un importante deterioro, e a adecuación desta área mediante a aplicación de proxectado de espuma, pintado e protección de tubaxes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

PANTÓN APLAZA A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO ATA O SÁBADO 21 DE FEBREIRO

Seguinte Nova

Pilar López Martínez, candidata do BNG á Alcaldía de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: