• Máis de medio cento de rapaces e rapazas, ademais dun numeroso público adulto, encheron o salón de actos do Centro Sociocultural de Ferreira para celebrar o Día das Letras Galegas. Este ano, a protagonista da celebración foi a maxia, a través do espectáculo «Maxia Cómica», a cargo de Leonor Rodríguez Castro (Leo Leíño). Unha xornada lúdica e cultural que divertiu a nenos e maiores.