Constituída a nova Corporación Municipal de Bóveda

José Manuel Arias inicia o seu quinto mandato consecutivo

• O pasado 13 de xuño, José Manuel Arias López tomou posesión do seu cargo á fronte da alcaldía de Bóveda, no que será o seu quinto mandato consecutivo. O rexedor popular acadou maioría absoluta nos comicios do 24 de maio, o que lle outorgou un total de seis edís. A oposición estará representada polos tres concelleiros do Partido Socialista.

Arias deu a coñecer o reparto de competencias no equipo de Goberno municipal. A Xunta de Goberno estará constituída por José Luis Rivera Saco, Dionisio Blanco Rubiños, e Francisco Javier Dominguez López, que tamén exercerán como tenentes de alcalde.

CONCELLERÍAS

En canto ás delegacións, Obras Públicas corresponderá a José Luis Rivera, mentres que Dionisio Blanco encargarase de Servizos Sociais e Sanidade. Pola súa banda, Xuventude e Deportes será a área de responsabilidade de Francisco Javier Domínguez, mentres que Formación e Medio Ambiente corresponderán a Natividad Rodríguez. Por último, Cristina Juíz será a encargada de Cultura e Ensino.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intensa actividade lúdica e cultural durante o mes de xullo en Quiroga

Seguinte Nova

Música, libros e conferencias en torno ao patrimonio nas XXVIII Xornadas do Románico de Pantón

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: