A portavoz nacional do BNG reclama maior financiamento da Xunta para vivendas comunitarias en Samos

Durante un encontro co goberno municipal, Ana Pontón expuxo a necesidade de apoio económico para garantir servizos esenciais nun concello infradotado

Ana Pontón coa alcaldesa de Samos, María Jesús López, durante o encontro que mantiveron a pasada semana. Foto BNG.

Durante a súa visita ao concello de Samos, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón mantivo un encontro co goberno municipal liderado pola alcaldesa María Jesús López para abordar as principais preocupacións do municipio, centrando a atención no financiamento dos servizos públicos, en particular nas vivendas comunitarias.
Pontón expresou a necesidade urxente de que a Xunta de Galicia aumente a súa implicación económica na financiación das vivendas comunitarias e do apartamento tutelado de Samos. Actualmente, o concello atópase na situación de ter que cubrir unha parte dos gastos con orzamentos municipais debido á insuficiente contribución do Goberno de Rueda.
A líder nacionalista sinalou que o dereito á vivenda é esencial e que é responsabilidade da Xunta garantir este dereito, especialmente para aqueles que teñen algún tipo de necesidade especial. Samos conta con dúas vivendas comunitarias para a terceira idade e un apartamento tutelado, situados no mesmo edificio, onde se comparten servizos comúns como comedor, sala de estar, lavandería, persoal e gastos. Pontón cualificou estas vivendas como un “caso paradigmático” dos problemas financeiros que enfrontan os concellos, que ás veces se ven obrigados a asumir custos de servizos que non son da súa competencia. A líder do Bloque Nacionalista Galego tamén denunciou a discriminación financeira que sofren os concellos do rural, especialmente os máis pequenos, que se atopan infrafinanciados e que adoitan asumir competencias que realmente deberían ser da Xunta, co fin de mellorar o nivel de vida dos seus veciños. Ademais das vivendas comunitarias, o concello de Samos tamén soporta custos de xestión doutras áreas que non lle corresponden, como a limpeza, o mantemento do ascensor e da caldeira do centro escolar, así como a contratación dun técnico de turismo.
A alcaldesa María Jesús López destacou que a Xunta “é especialista en botar balóns fóra” e cargar de responsabilidades aos concellos sen proporcionarlles o financiamento adecuado, como sucede co SAF (servizo de atención no fogar). Durante a visita da portavoz nacional do BNG, trasladou todas estas preocupacións ao goberno local en relación á xestión do concello de Samos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Sarria urxe estudo sobre fibra óptica no concello

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo inviste 120.000€ na mellora da estrada provincial que une Bóveda e Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss