A parroquia soberina de Anllo Santo Estevo celebra o 17 de xullo o I Festival de Rock & Anllo

A parroquia de Anllo, no municipio de Sober, bota a andar un novo evento musical. Trátase do I Festival Rock & Anllo, que se celebrará o venres 17 de xullo no campo da festa de Anllo Santo Estevo.

GRUPOS DE MONFORTE, VIANA DO BOLO E SOBER, E DOUS DJ’S LOCAIS

Ao longo da noite, os asistentes disfrutarán de actuacións a cargo de cinco grupos. Por unha banda, no I Festival de Rock & Anllo participarán os grupos Doc Magoo’s de Monforte, Cabo da Vila, de Viana do Bolo, e a formación soberina The Carallos. O Festival completarase coa actuación de dous dj’s locais, Nacho, de Rectoral de Anllo, e Iván, de Sistín do Mato.

PARA TODA A COMARCA

O I Festival de Rock & Anllo conta coa colaboración do Concello de Sober. O alcalde, Luis Fernández Guitián, animou a «todos os mozos e mozas da comarca a participar neste novo evento musical», así como «a todos e todas os que se atopen de visita pola Ribeira Sacra».

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición na Galería Sargadelos de Monforte

Seguinte Nova

En marcha a programación lúdico-deportiva en A Pobra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: