
• Coa maioría absoluta acadada por Manuel Varela en Chantada, iníciase unha nova andadura na Corporación local da vila do Asma. O candidato de INTA foi proclamado alcalde con 7 votos, fronte aos tres conseguidos pola candidata socialista Raquel López Rodríguez, e os dous apoios acadados por Javier Rodríguez Medela.
MAIORÍA DO INTA NA CORPORACIÓN
Deste xeito, o grupo de Goberno de Chantada estará integrado polos sete concelleiros de INTA, con Manuel Lorenzo Varela Rodríguez á cabeza do Consistorio, e acompañado por José Castor Novoa Fernández, Cándida Carnero Blanco, Manuel Diéguez Carballo, Pamela Fernández Águila, Diego Otero Veiga, e Juan Alberto Diéguez Fernández.
GRUPOS DA OPOSICIÓN
A oposición estará formada polo grupo socialista, integrado por Raquel López Rodríguez, Mª Jesús Rodríguez López, e Héctor Ledo Rodríguez. O grupo municipal do Partido Popular está formado por Francisco Javier Rodríguez Medela, e Manuel Javier Goyanes Cereijo. Por último, Antón Fente Parada representará a Iniciativa por Chantada.•