A Xunta atende a petición do Concello e destina 20.000 euros ao arranxo “urxente” da Estación de Autobuses

As reparacións na Estación de Autobuses de Monforte consisten na substitución dos falsos teitos e no arranxo da cuberta. Arquivo EC.
As reparacións na Estación de Autobuses de Monforte consisten na substitución dos falsos teitos e no arranxo da cuberta. Arquivo EC.

• Na segunda quincena de outubro, a Xunta puxo en marcha os traballos de acondicionamento da Estación de Autobuses de Monforte, logo da petición cursada a comezos de mes polo alcalde, José Tomé, para solucionar os problemas de desprendemento do falso teito en varios puntos desta instalación.

A Dirección Xeral de Mobilidade activou unha partida de 20.000 euros para as obras «urxentes» nas dependencias monfortinas, nas que se substituirá o falso teito de escaiola por outro rexistrable nos aseos, despachos de billetes e vestíbulo. Ademais, os traballos inclúen a adaptación da iluminación nestes puntos. Por outra banda, o proxecto contempla a revisión e limpez da cuberta do edificio, baixantes e canalóns. Os traballos foron encargados á empresa Atlántica de Consttruccións y Medio Ambiente.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un 35% máis de axudas aos concellos lucenses para promover a igualdade

Seguinte Nova

20 deportistas do Neka, clasificados para a final da Copa Galicia de taekwondo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: