O Colado do Vento celebra o outono con roteiros de sendeirismo e cultura

A Asociación Cultural O Colado do Vento de Sober inicia a súa programación de outono cunha andaina o domingo 1 de novembro. A ruta proposta conta con 8 quilómetros de trazado circular entre os castros da Cividade en Bolmente e o Castriño en Barantes. Na xornada participará un grupo de sendeiristas da zona de Vigo. A ruta partirá ás 10,30 horas do Pinal en Bolmente, e terá unha duración aproximada de 3 horas.

A seguinte actividade do Colado do Vento desenvolverase o sábado 7 de novembro, cun roteiro por Monforte en torno ao «Cancioneiro de Monforte de Lemos», escrito polo poeta Manuel María, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2016. A saída será ás 10,45 horas diante dos Escolapios, e rematará ás 19 horas na escultura de Manuel María. Esta ruta, guiada por Xosé Rodríguez, está organizada conxuntamente co colectivo Lemos Le. A xornada inclúe lectura de poesía, acompañamentos musicais e unha ofrenda floral. Haberá xantar opcional organizado en Monforte, e os interesados deben inscribirse antes do 4 de novembro no enderezo electrónico coladodovento@gmail.com, ou no teléfono 674 473695.

A natureza misturada coa lenda voltará ser a protagonista na xornada do domingo 15 de novembro, cando se desenvolverá un roteiro de sendeirismo en torno á historia do Coxo de Bulso. Será unha andaina sinxela, de aproximadamente 10 quilómetros, cunha duración de tres horas, facendo parte da ruta «O Coxo do Bulso», deseñada pola asociación O Colado do Vento. A saída será ás 10,30 horas da praza do cruceiro de Pinol xunto á igrexa. Sumarase á andaina un grupo de sendeiristas da zona de Vigo.

Non é preciso anotarse nestas actividades, agás no xantar opcional do día 7.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O teatro dinamizará Sarria durante o mes de novembro

Seguinte Nova

Os socialistas do sur lucense consideran “ultraxantes e ofensivos” os Orzamentos da Xunta para 2016

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss