Unha mostra sobre os 20 anos do rock bravú pon en marcha o Castanhazo Rock en Chantada

Os carteis das sucesivas edicións do Castanhazo Rock recrean graficamente a historia deste evento musical emblemático de Chantada.  EC
Os carteis das sucesivas edicións do Castanhazo Rock recrean graficamente a historia deste evento musical emblemático de Chantada. EC

• A Casa da Cultura de Chantada amosa ata finais deste mes unha exposición conmemorativa dos 20 anos do rock bravú, como preámbulo á celebración do Castanhazo Rock o vindeiro sábado 31 de outubro. A mostra ofrece un percorrido pola historia do denominado rock bravú, a través dos seus antecedentes e protagonistas, así como dos fitos musicais máis destacados. Na exposición pode verse a raigame deste espíritu musical e combativo en Chantada, plasmado entre outras pezas na colección de cartaces das diversas edicións do Castanhazo.

Na inauguración da mostra o día 9 deste mes, presentouse o programa do Castanhazo, que traerá ao Mercado Gandeiro a nomes tan principais da música galega como Ses ou Dios ke te crew, ademais dos locais Livrao de Marrao, e de grupos chegados de Euskadi, Valencia e Hungría.

A exposición inclúe tamén unha serie de paneis informativos sobre os principais fitos musicais relacionados coa Chantada moderna, como o paso do gran Andrés do Barro pola vila do Asma. A mostra recrea a vinculación de Chantada cos movementos musicais reivindicativos máis importantes de Galicia. EC
A exposición inclúe tamén unha serie de paneis informativos sobre os principais fitos musicais relacionados coa Chantada moderna, como o paso do gran Andrés do Barro pola vila do Asma. A mostra recrea a vinculación de Chantada cos movementos musicais reivindicativos máis importantes de Galicia. EC

CASTANHAZO CULTURAL

A xornada do sábado 31 comezará co Castanhazo Infantil pola mañá, e despois de xantar terán lugar os Cantos de Taberna cun percorrido por unha decena de bares de Chantada. Xa avanzada a tarde, será o turno dos Xogos Bravús e do magosto popular, antes de dar paso aos concertos no Mercado Gandeiro, a partir das oito.

SEIS CONCERTOS PARA A NOITE

A música galega de fusión abrirá o Castanhazo da noite coa actuación da cantautora Ses, unha voz comprometida socialmente e que está a ocupar un lugar destacado nos festivais galegos. O hip hop na nosa lingua tomará o relevo da man de Dios ke te crew, estrea do rap nun Castanhazo chantadino, e que supón a única actuación do grupo nun festival galego neste ano. A continuación, os locais Liviao de Marrao presentarán o seu segundo álbume bravú.

Seguirá a actuación dos navarros Berri Txarrak, un dos grupos máis solicitados nas redes sociais, para dar paso aos valencianos La Gossa Sorda, e aos húngaros Paddy and the Rats, que porán o broche a unha vibrante noite de música e sensacións.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

15 establecementos chantadinos encherán de sabor a 7ª edición do Chantapas en novembro

Seguinte Nova

O teatro dinamizará Sarria durante o mes de novembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: