En marcha o Plan Invernal da Deputación en estradas con 112 operarios e 64 máquinas

• Permite garantir a seguridade en estradas municipais e provinciais no 67 concellos, con asistencia técnica as 24 horas e suministro gratuíto de sal • O Plan Invernal conta con 35 toneladas de sal para abastecer cada un dos 12 silos

O deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernández Queipo, supervisa a maquinaria do Plan Invernal na presentación realizada na Fonsagrada o 17 de novembro. GPDL
O deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernández Queipo, supervisa a maquinaria do Plan Invernal na presentación realizada na Fonsagrada o 17 de novembro. GPDL
• A mediados de novembro tivo lugar na Fonsagrada a presentación do Plan Invernal da Deputación, para garantir a seguridade nas estradas municipais e provinciais durante os meses de inverno. Segundo explicou o deputado Argelio Fernández Queipo, este Plan ofrece un servizo aos usuarios das estradas lucenses, ao tempo que axuda a crear postos de traballo, nas sete empresas da provincia contratadas para esta función, e que contan con experiencia en actuacións relacionadas coa neve e o xeo.
REDE VIARIA PROVINCIAL MOI EXTENSA E CON MOITOS QUILÓMETROS DE MONTAÑA
«A Deputación vai poñer todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos, á disposición dos veciños da provincia, para facer a rede viaria municipal e provincial o máis segura posible», explicou Fernández Queipo. O responsable provincial de Xestión Teritorial precisou que este ano o Plan Invernal contará con 112 operarios e 64 máquinas, e con máis de 420 toneladas de sal para abastecer os 12 silos que se distribúen pola provincia.
Fernández Queipo lembrou que a rede viaria provincial da Lugo é a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros de estrada, dos que máis de 1.500 quilómetros están por riba dos 600 metros de altitude, e outros 800 quilómetros sitúanse a máis de 800 metros sobre o nivel do mar.
Operarios do Plan Invernal e alcaldes de varios concellos lucenses acompañaron na Fonsagrada ao deputado de Xestión Territorial na presentación do Plan Invernal da Deputación. GPDL
Operarios do Plan Invernal e alcaldes de varios concellos lucenses acompañaron na Fonsagrada ao deputado de Xestión Territorial na presentación do Plan Invernal da Deputación. GPDL

SERVIZO GRATUÍTO PARA OS CONCELLOS LUCENSES
O responsable de Xestión Territorial lembrou tamén que a Deputación de Lugo, a diferencia doutras administracións públicas do país, ofrece o servizo de asistencia invernal de xeito totalmente gratuíto para os concellos. Incluso, en casos de intenso temporal, o organismo provincial ten actuado en estradas da provincia de León, lindantes coas de Lugo.

• Durante a tempada invernal de 2016, o organismo provincial atendeu máis de 600 incidencias, e empregou 1.132 toneladas de sal
• No mesmo periodo, acometéronse tres actuacións de rescate de cidadáns atrapados na rede viaria provincial, cun tempo máximo de resposta dunha hora

DISPOSITIVO EN 8 ZONAS
Como en anos anteriores, o dispositivo invernal da Deputación está organizado en 8 zonas, cada unha delas co seu propio equipo humano e técnico. Cada zona dispón dun operativo humano de 14 membros, e un equipamento material formado por 8 vehículos, que inclúen 2 máquinas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up adaptadas con cuña e saleiro, e 2 vehículos de apoio con medios mecánicos. Aparte desta maquinaria, o Plan Invernal sírvese de varias unidades do parque móbil provincial, como palas mixtas ou camións, que se suman aos protocolos de actuación en caso necesario.
A zona 8, que abrangue boa parte do sur de Lugo, é a máis extensa, con 738 quilómetros de cobertura do servizo, nos concellos de Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O ximnasio Neka completa con 18 medallas as últimas competicións previas ao Campionato de España de clubes

Seguinte Nova

O Neumáticos Sarria, campeón da Copa Galicia senior feminina de baloncesto

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

 
A %d blogueros les gusta esto: