Mellora da seguridade en viais do Camiño de Santiago

• A Xunta licitou as obras de arranxo do firme da LU-633 por Triacastela e Pedrafita

O delegado da Xunta en Lugo no anuncio da licitación das obras na LU-633, acompañados polo alcalde de Pedrafita e a alcaldesa de Triacastela, o pasado 4 de abril. GPXG
O delegado da Xunta en Lugo no anuncio da licitación das obras na LU-633, acompañados polo alcalde de Pedrafita e a alcaldesa de Triacastela, o pasado 4 de abril. GPXG
• A comezos de abril, a Xunta licitou os traballos de reforzo do firme da LU-633, ao seu paso polos municipios de Triacastela e Pedrafita.
OBRAS EN PRETO DE 13 QUILÓMETROS
A actuación, cun importe de 640.000 euros, vai mellorar os primeiros 4,1 quilómetros do vial dentro do término municipal de Pedrafita, e outros 8,8 quilómetros adicionais no concello de Triacastela. O prazo de execución dos traballos é de seis meses.
ZONA DE PASO DE PEREGRINOS
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou a importancia destas obras, xa que o tramo da LU-633 que se vai mellorar coincide en parte co Camiño de Santiago, o que o convirte nun punto de paso habitual para peregrinos e turistas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte realizará melloras na rede de saneamento

Seguinte Nova

Turismo, benestar e servizos centraron a reunión entre Campos e Balseiro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss