O transporte escolar na provincia custa preto de 16 millóns anuais á Xunta

•Este curso, 8.798 estudantes lucenses benefícianse deste servizo

O delegado da Xunta en Lugo realizou unha ruta escolar con estudantes do CEIP As Nogais, o día 10, para presentar o balance deste servizo na provincia. GPDTL
• O servizo de transporte escolar na provincia de Lugo supón un investimento anual de preto de 16 millóns de euros da Xunta. No presente curso, están a empregar este transporte 8.798 escolares lucenses, distribuidos en preto de 700 rutas diarias. Este foi o balance presentado por José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo, logo de acompañar a un grupo de estudantes do CEIP As Nogais na viaxe de ida ao seu centro educativo.
355 CONTRATOS  TRANSPORTE ESCOLAR NA PROVINCIA
Balseiro precisou que o servizo de transporte é gratuíto para os estudantes de ensino obrigatorio, polo que o seu financiamento corre a cargo, na súa totalidade, da Xunta de Galicia. Na actualidade, o Executivo autonómico ten en marcha 355 contratos de transporte escolar na provincia de Lugo. O servizo está adaptado aos horarios de entrada e saída dos centros de ensino, con especial fincapé no eido rural.
AFORRO E CONCILIACIÓN LABORAL
O delegado salientou que, ademais dos traslados aos colexios e institutos, a Xunta tamén busca dar un «servizo complementario ao estritamente educativo», que supón un aforro para as familias, ao tempo que facilita a conciliación familiar e laboral.
HÁBITOS SOCIAIS E DE RESPONSABILIDADE INDIVIDUAL PARA OS ESCOLARES
José Manuel Balseiro puxo de manifesto que o uso do transporte escolar serve para fomentar nos rapaces e rapazas «hábitos de responsabilidade e puntualidade, maior confianza e respecto á figura do coidador, e unha maior socialización».
Para as familias, o uso do transporte escolar implica vantaxes, que segundo Balseiro, concrétanse no aforro de combustible e de tempo, así como na redución dos problemas de tráfico na contorna dos centros educativos.
UN SERVIZO QUE AXUDA A MANTER O EMPREGO NO SECTOR
O emprego tamén resulta beneficiado co servizo de transporte escolar que financia a Xunta de Galicia. Segundo precisou Balseiro, as liñas de buses escolares axudan a manter as plantillas das empresas concesionarias, entre condutores, coidadores, e operarios de mantemento, así como persoal administrativo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preparativos para as celebracións do Entroido no sur de Lugo

Seguinte Nova

2017 foi un bo ano en visitas aos atractivos turísticos de Pantón

Últimas noticias sobre GALERÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: