A vila xacobea foi a sede inaugural do novo ciclo formativo para adestradores de baloncesto que está a desenvolver a Federación Galega (FEGABA). Do 14 ao 16 de setembro, un total de 26 participantes asistiron ao primeiro curso de iniciación da fase presencial, organizado pola FEGABA, coa colaboración do CB Sarria e do Concello.
FORMADORES
O curso foi dirixido por Maísa López, adestradora do CB Sarria e directora técnica zonal da FEGABA en Lugo. O plantel docente estivo formado polos adestradores Cristino Menor, Javier Peinó, Carlos Maceiras, Denis Pombar, David Martínez Peciña, Chete Pazo e Christian Martín. As sesións desenvolvéronse no pavillón dos institutos e no Novo Chanto. •