O Concello da Pobra convida a andar o Camiño de Inverno en 10 domingos

As andainas, gratuítas, comezarán o 22 de setembro, cun tramo entre San Lourenzo de Nocedo, en Quiroga, ata A Pobra do Brollón

Os roteiros desenvolveranse entre setembro e outubro deste ano, e en marzo de 2020. (Foto: Pixabay)

Rutas de balde para coñecer o Camiño de Inverno é a finalidade do programa «Coñece o teu Camiño, paso a paso», que organiza para os vindeiros meses o Concello da Pobra do Brollón, a través do plan O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia.
O programa contará con 10 saídas, sempre en domingo e de non máis de 19 quilómetros cada unha. As 5 primeiras etapas, en setembro e outubro, cubrirán o itinerario dende San Lourenzo de Nocedo, en Quiroga, ata Rodeiro. As outras etapas desenvolveranse en marzo de 2020, dende Rodeiro a Compostela.
A primeira etapa será o domingo 22 de setembro, dende Nocedo ata A Pobra do Brollón. As saídas en bus serán sempre ás 8:00 horas, dende o antigo cuartel da Garda Civil na Pobra. Estímase que cada andaina estará rematada á hora do xantar, para logo facer algunha visita cultural. Os participantes poden levar a comida, ou xantar nun restaurante.
As inscricións realizaranse por wasap no 650 62 48 28, co nome completo, DNI e a etapa, e sempre antes do mércores da semana da ruta. Os empadroados na Pobra teñen prioridade no bus. No caso de ir en coche particular, hai que avisalo na inscrición. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras na sinalización en dúas estradas da Xunta que pasan por Monforte e Bóveda

Seguinte Nova

Campaña de Tráfico contra as distraccións ao volante

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: