• Redacción- MONFORTE.
A Xunta vén de rematar os traballos de sinalización do Camiño de Inverno, nos que investiu un total de 1,7 millóns de euros. As intervencións máis recentes realizáronse no tramo que discorre polo municipio de Rodeiro, cun investimento de 110.000 euros.
Estas obras veñen completar as xa realizadas nesta ruta xacobea, declarada oficial en 2016, ao seu paso polo concello de Lalín, e aos traballos desenvolvidos nos municipios de Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Monforte, Pantón, O Saviñao e Chantada , así como noutros catro da provincia de Ourense. En total, a Xunta instalou a correspondente sinalización xacobea en 190 quilómetros ao longo de 14 concellos. O Camiño de Inverno discorre polas catro provincias galegas, e atravesa comarcas tan singulares como a Ribeira Sacra, o Deza ou Valdeorras.
Con estas obras, a Xunta dá por rematado o conxunto de proxectos incluídos no Plan Director do Camiño de Santiago 2015 – 2021, dotado con máis de 67 millóns de euros. •
Últimas noticias sobre PORTADA
O 11 de agosto comezan as Festas Patronais de Monforte 2024, unha celebración que promete encher
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou nunha rolda de prensa a comezos desta semana
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, manifestou a súa confianza en que
O mercado laboral galego continúa a mellorar, situándose en 118.045 persoas desempregadas O mercado laboral galego
Alfonso Rueda e José Tomé acordan impulsar a colaboración en infraestruturas, servizos sociais, emerxencias e turismo