O Concello de Quiroga vén de elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible, que suporá a redución dun 45% das súas emisións de gases efecto invernadoiro antes do 2030. Este documento, pendente do respaldo do Pleno, arrancou logo de que a Corporación local aprobara por unanimidade unirse á iniciativa europea do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía.
O documento, que se preparou en coordinación coa Consellería de Medio Ambiente, propón a redución de consumos enerxéticos, e a substitución de enerxías fósiles por renovables en edificios, equipamentos e transportes. •