Galicia defende na Comisión de Saúde Pública a pauta completa coa vacina de AstraZeneca ás 12 semanas

Galicia volveu defender, na Comisión de Saúde Pública, organismo no que están representadas todas as comunidades autónomas, a pauta completa coa vacina de AstraZeneca ás 12 semanas. Ao respecto, o Ministerio de Sanidad decidíu demorar a decisión ata que se cumpran 16 semanas dende a administración da primeira dose. Galicia votou en contra baseándose na evidencia científica, na ficha técnica da vacina e no posicionamento da Axencia Europea do Medicamento, pero a Comisión adoptou por maioría outro criterio.

A Xunta de Galicia decidiu vacinar a vindeira semana ao grupo de 65-69 coas vacinas dispoñibles.

Sinalar que a Xunta de Galicia tiña previsto vacinar tamén a semana que ven aos grupos esenciais, pero o Ministerio de Sanidad opta na estratexia por terminar primeiro cos grupos etarios.

En Galicia, ao redor de 60.000 persoas, menores de 55 anos, están pendentes da administración da segunda dose de AstraZeneca.

Ademais, ao longo do día de mañá, a Xunta de Galicia ten previsto poñer un total de 36.888 vacinas, das que 31.188 son de pfizer, 5.600 de Moderna e 100 de Janssen.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia rexistra un total de 3.027 casos activos por coronavirus

Seguinte Nova

Quiroga celebrará o 30 de maio a Mostra do Aceite en Bendilló con medidas anticovid

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: