García Comesaña lembrou «o inicio da licitación das obras dun novo laboratorio de microbioloxía e unha nova área de cardioloxía».

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, realizou un importante anuncio desde as inmediacións do Hospital Comarcal de Monforte, nunha recente visita durante a pasada campaña electoral.
O proxecto, según declarou o titular de Sanidade, foi meticulosamente pensado e planificado, conta cunha partida orzamentaria para iniciar as obras este mesmo ano. O investimento previsto para este ambicioso proxecto é de 15 millóns de euros e pretende renovar toda a área de hospitalización e de consultas externas do centro hospitalario.
Entre as melloras previstas, destaca a construción dun novo edificio anexo para concentrar as áreas administrativas, de dirección e de mantemento. Isto permitirá liberar espazo no hospital actual para iniciar as reformas nas distintas áreas de hospitalización. Ademais, o proxecto contempla a posta en marcha de novos servizos e a dotación de máis persoal, coa incorporación de 21 novos especialistas con praza fixa neste hospital.
O compromiso do Goberno do Partido Popular co Hospital Comarcal de Monforte, quixeron reclalcar os candidatos populares, «é evidente, como demostran as iniciativas xa postas en marcha nos últimos anos. Destacan a creación dun novo hospital de día oncohematolóxico e polivalente, unha nova farmacia e un moderno laboratorio de análises clínicas e de bioquímica. Estas melloras, unidas ao investimento en tecnoloxía sanitaria, reflicten o compromiso do Partido Popular coa mellora dos servizos sanitarios na provincia».
O proxecto de ampliación do Hospital Comarcal de Monforte representa unha aposta firme polo desenvolvemento e a modernización da sanidade pública na provincia de Lugo. Con esta renovación integral, o centro hospitalario estará mellor preparado para afrontar os retos do futuro e seguir ofrecendo unha atención de calidade á cidadanía.
CRÍTICAS A PSOE E BNG
“O Goberno do PP está a incentivar a cobertura de prazas nos hospitais comarcais. E fronte a isto, socialistas e nacionalistas, sempre en contra”. O popular lembrou que o PP logrou aprobar esa lei a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG, “que probablemente pensarían que afogar aos hospitais comarcais lles ía dar réditos electorais”.
“O Partido Popular ten o aval de traballar por este hospital. Mentres os socialistas e os nacionalistas pasaron anos dicindo que íamos pechar este hospital, un goberno do PP foi o que instalou nel servizos tan importantes como a quimioterapia. E mentres socialistas e nacionalistas pasaron toda esta lexislatura falando de desmantelamento, o goberno de Rueda investiu case 4 millóns de euros en reformar e equipar este hospital”.
“O partido que levantou os hospitais comarcais galegos, que os dotou de novos servizos e que está buscando fórmulas para dotalos de máis persoal é o Partido Popular”, segundo concluíron os populares.•