As bibliotecas de Sober contan xa co libro «Heroes de primavera», unha homenaxe aos nenos como heroes da pandemia

A autora do conto «Heroes de primavera», Patricia Sanmiguel, coas súas fillas, que colaboraron cos seus debuxos. GPCS

A experiencia do confinamento segue de actualidade, desta volta a través dun conto infantil. En Sober, a Biblioteca Municipal e a do CEIP Virxe do Carme veñen de incorporar aos seus fondos varios exemplares do libro «Heroes de primavera», escrito por Patricia Sanmiguel Couso como homenaxe aos nenos e nenas, aos que considera os auténticos «heroes» desta pandemia.
Patricia Sanmiguel está casada cun veciño de Sober, e as súas fillas colaboraron na ilustración do libro, xunto co alumnado de 2º B do CEIP Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.

HOMENAXE Á RESILIENCIA DOS CATIVOS NOS DÍAS MÁIS DUROS DA PANDEMIA
O conto infantil busca amosar como os verdadeiros heroes do confinamento foron os máis cativos, pola súa capacidade para adaptarse a cada situación sen perder nunca o sorriso. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O programa europeo Leader deixou en Sober máis de 450.000 euros en 24 proxectos nos últimos seis anos

Seguinte Nova

EnComún consulta aos monfortinos a súa opinión sobre o proxecto da nova ponte do río Cabe

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio