Todo preparado para a XVIII Feira Medieval de Monforte

• O Concello inviste neste evento, que terá lugar a fin de semana do 16 e 17 de abril, preto de 90.000 Euros, o orzamento máis alto da historia

Na imaxe superior a presentación do programa da XVIII Feira Medieval de Monforte, que tivo lugar durante o “Mercado para a Medieval” que se celebrou a pasada fin de semana na Praza de Abastos. Na foto inferior, un intre do desfile de traxes medievais. Fotos MONTERO.

Xa estás todo preparado para que vote a andar a XVIII Feira Medieval de Monforte, e farao co maior orzamento da súa historia, preto de 90.000 €, para recuperar un dos eventos culturais e lúdicos máis importantes do ano, despois de dúas edicións perdidas por mor da pandemia. Así o destacou o alcalde José Tomé durante o acto inaugural do “Mercado para a Medieval” que se celebrou a pasada fin de semana. “Tras 2 anos de ausencia por mor da pandemia, hoxe por fin podemos dicir que despega a 18ª edición da Feira Medieval de Monforte (…) Foron tempos difíciles, onde a pandemia truncou o noso día a día, e tivemos que adaptarnos a unha nova realidade que alterou as nosas tradicións e a celebración de eventos tan importantes como o Festival do Viño, as Festas Patronais, ou a propia Feira Medieval”, destacou o Alcalde. “Dende que eu son Alcalde”, informou José Tomé, “cada ano fomos incrementando o orzamento destinado para a celebración da Feira, pasando de 41.127,17 euros no ano 2015, antes da nosa chegada ó goberno, ós 89.500 euros para o presente ano 2022, cun incremento de 48.373 euros dende 2015, é dicir, un 117%. Con respecto á última edición de 2019, o incremento foi de 21.235 euros, un 31%. Un esforzo que fai que esta sexa un dos eventos de referencia en Galicia”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Axudas a empresas e asociacións da provincia para incorporar mozos en réxime de prácticas remuneradas

Seguinte Nova

A SD Sarriana lidera a fase de ascenso a Terceira mentres o Club Lemos da un paso atrás coa sua derrota ante o Paiosaco

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss