Comezou o XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte

O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, arrincou o pasado 27 de abril co estreo da obra “Los sueños de Cloti” a cargo do CEE Infanta Elena. A seguinte representación será a do Colexio Ferroviario, coa obra “A estatua”, que se representará o venres 29 abril, e do CEIP A Gándara, estreará a súa obra “O testamento do tío Nacho”, o venres 6 de maio. No Certame representaranse 7 obras de teatro a cargo dunha asociación convidada e 6 centros educativos.
As obras e centros participantes son os seguintes:

  • CEE Infanta Elena, coa obra “Los sueños de Cloti”, ya representada.
  • Colexio Ferroviario, coa obra “A estatua”, que se representará o venres 29 abril de 2022.
  • CEIP A Gándara, coa obra “O testamento do tío Nacho”, o venres 6 de maio de 2022.
  • CEIP de Monforte, coa obra “Vida e cores”, o luns 9 maio de 2022.
  • IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán”, o martes 10 maio de 2022.
  • IES A Pinguela, coa obra “A rateira”, o mércores 11 maio de 2022.
  • Prodeme (asociación convidada), coa obra “Néboa no bigote”, o xoves 12 de maio.
    Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.
    A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello completa o Proxecto da Zona C coa mellora da rúa Rof Codina

Seguinte Nova

A Xunta investirá 4,8 millóns de euros nas industrias culturais galegas

Últimas noticias sobre CULTURA

Concerto de vilonchelo

O violoncelista Carlos Vidal, galardoado en varios concursos internacionais, ofrecerá un concerto de violonchelo en Sober

A %d blogueros les gusta esto: