O 25 de xuño, celebrouse na igrexa da Nosa Señora do Rosario en Sarria un concerto para celebrar os primeiros 25 anos do Conservatorio Profesional Cantiga.
AMPLO PLANTEL
O programa incluiu as actuacións de Antonio Queija Uz, Dúo Leku-Ona, integrado por Ana Gloria Peñate Puncet e Ernesto Maseda González, e os coros de Grao Elemental e Grao Profesional, así como a Orquestra do Conservatorio.
A celebración deste concerto de aniversario contou coa colaboración do Concello de Sarria. •