Presentado o cartel do Folión de Carros de Chantada

O pasado 27 de xuño presentouse o cartel do Folión de Carros 2022, nun acto que tivo lugar na Praza de España, que contou coa partipación dos deseñadores do cartel, Adrián Marius, Aroa Novoa e Yanira Vázquez, alumnos do IES Val do Asma. Tamén estivo presente no acto Lola López, profesora de Debuxo do instituto, que coordinou os traballos de deseño. O agradecemento polo seu traballo fixoo o Presidente da Asociación Cultural Amigos do Folión, Manuel Vázuez Regal, quen destacou “a importancia que ten para o Folión a colaboración cos centros educativos de Chantada, e o moi agradecidos que estamos ao IES Val do Asma, en especial á profesora Lola, e aos rapaces que dedicaron horas do seu tempo para o cartel deste ano” A Asociación entregou ao alumnado participante un diploma conmemorativo e un agasallo.
Acompañron este acto representantes políticos da Corporación Municipal de Chantada e da Area de Cultura da Deputación de Lugo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O VAL DE LEMOS ASÓMASE AO ABISMO DEMOGRÁFICO

Seguinte Nova

Monforte presidirá en 2023 a Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio