O programa de axudas Talento 30 impulsa en Galicia o emprego xuvenil

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou Arenal Perfumerías. Foto GPXG.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor en Lugo o programa de axudas da Xunta Talento 30 que se convocou por primeira vez o pasado ano para impulsar en Galicia o emprego xuvenil. Nunha visita que realizou a Arenal Perfumerías, beneficiaria desta iniciativa con 14 mozas e mozos contratados cos apoios autonómicos, sinalou que o Goberno galego ten como prioridade incrementar as oportunidades laborais da mocidade de Galicia e, por iso, indicou que na actualidade está en marcha o Plan Emprega Xuventude con case 30 millóns de euros para contratar e formar máis de 2.000 persoas mozas ao longo de 2023.
Deste Plan forma parte Talento 30, que conta cun investimento de 12,2 millóns de euros para mellorar a empregabilidade dos máis novos. É un programa mixto que, ademais de apoiar a contratación, ofrece formación en competencias brandas, demandas polo mercado laboral actual. A iniciativa, ademais, conta con dúas liñas de axudas: Talento 30 en prácticas para aquelas persoas con titulación e Talento 30 formación en alternancia para aquelas que carecen de cualificación profesional.
En palabras de Lorenzana, con Talento 30 búscase reter o talento das novas xeracións e afianzar o futuro de Galicia “para facer da nosa comunidade autónoma unha terra de oportunidades para as nosas mozas e mozos”, rematou.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Liga Galega de Clubs de Natación

Seguinte Nova

O mellor kárate galego en Chantada

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss