Xa se pode descargar o Bono Activa Comercio, unha iniciativa da Xunta para impulsar o consumo local

Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento da convocatoria. Foto GPXG.

A Xunta de Galicia pon en marcha a partir de hoxe a quinta edición do Bono Activa Comercio, unha iniciativa que conta cunha dotación de 2,5 millóns de euros co obxectivo de dinamizar o sector comercial e fomentar as vendas nos establecementos de proximidade. A través desta medida, estímase mobilizar uns 12 millóns de euros en compras nos comercios galegos. Os establecementos interesados en participar nesta iniciativa están a adherirse dende o pasado 16 de abril, e teñen de prazo ata o 1 de setembro para facelo. Polo seu lado, as persoas consumidoras poderán acceder aos bonos desconto, de ata 30 euros, a través da web www.bonosactivacomercio.gal.
Estes bonos, que terán formato dixital QR, estarán dispoñibles nunha aplicación móbil para a súa fácil utilización. O desconto aplicarase en función do valor da compra, sendo de 5 euros para compras entre 20 e 30 euros, de 10 euros para compras entre 30 e 50 euros, e de 15 euros para compras superiores a esa cantidade. Cada persoa poderá descargar un único bono, e non haberá un límite de usuarios que poden facelo. Non obstante, unha vez que o importe total dos descontos alcanza os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados deixarán de estar dispoñibles para ser utilizados.
O cliente amosará no esteblecemento colaborador o seu código QR que terá na súa aplicación movil. Posteriormente, o comercio accede á app TPV e teclea o importe da compra. A aplicación do Bono Activa Comercio valida e calcula o prezo final, o que tamén fará o propio comercio, para que a plataforma rexistre e desconte o bono e proceda a actualizar o Wallet do cliente. Finalmente, a entidade financieira efectúa o pago da cantidade descontada ao comercio.
Esta iniciativa da Xunta, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e as Asociacións Provinciais, forma parte do paquete de medidas específicas para o sector que o Goberno galego está a poñer en marcha para acompañar ao comercio de proximidade na súa reactivación, impulsando a súa competitividade a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Impulso á dixitalización empresarial: 5 millóns de euros para a transformación industrial

Seguinte Nova

Carta do Secretario Xeral do PSdeG en Lugo, José Tomé Roca a Pedro Sánchez, Presidente do Goberno

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss