A pasada fin de semana, Turismo de Galicia continuou coa súa campaña de promoción da Primavera de Portas Abertas nas rutas dos viños, esta vez de mans dun grupo de influencers que compartirán as súas experiencias e actividades programadas para os meses de maio e xuño. Baixo a lente de Petiscos galegos, Galicia Angibaldrich, Gallegoviajero e Curiosi.travel, Turismo de Galicia organiza un completo programa de visitas a adegas, unha ruta polo Miño e os miradoiros do Canón do Sil, e a descuberta do Ecomuseo Arxeriz, situado no Saviñao. Tamén está prevista unha visita ao Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón ou a Castro Caldelas, entre outras accións.
O calendario desta actividade promocional culminará do 26 ao 28 de abril en Monterrei, logo de pasar polas denominacións de orixe de Valdeorras, Rías Baixas e Ribeiro. Os participantes, diferentes bloggers e instagramers, suman máis de 1 millón de seguidores en redes sociais, contribuíndo así á difusión da oferta enoturística galega.
A Primavera de Portas Abertas é unha proposta consolidada na oferta turística do primeiro semestre do ano, con visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes e un amplo programa de actividades en cada ruta: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais e moito máis.•