Claudio Garrido, candidato de Camiña Sarria, califica de partidista o que fai José Tomé coa devolución do IBI

Imaxe de arquivo do acto no que Claudio Garrido foi nomeado candidato a alcaldía de Camiña Sarria. Foto CS.

Un novo exemplo de desacordos e falta de entendemento entre políticos que, lamentablemente, tócalle sufrir aos veciños, neste caso, a polémica xorde en Sarria, e ten que ver co IBI, e unha revisión catastral anulada por sentenza xudicial. A primeiros de mes de abril o Presidente Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu instrucións aos servizos provinciais de Recadación, Tesourería e Intervención para que procedesen de inmediato á devolución de oficio dos cobros do IBI do Concello aos veciños de Sarria e a non recadar os que aínda estiveran sen liquidar. Unha decisión que se veu obrigado a adoptar á vista da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de data do 20 de setembro de 2021 que anula a revisión catastral que se realizou no municipio de Sarria. Un ditame xudicial que afecta a un inmoble e aos que se encontraban na mesma situación. José Tomé declarou que o Concello de Sarria ten cedida a xestión do cobro dos seus impostos nos servizos económicos da Deputación, séndolle ingresado na conta da entidade local o diñeiro recadado, dado que os impostos son os que libremente decide aprobar a Corporación sarriana. Según o Presidente da Deputación, aínda que o Concello non solicitou o reintegro das liquidacións, o Presidente tomou a iniciativa “por ser de xustiza que aos veciños e veciñas se lles devolva o que pagaron no seu día polo Imposto de Bens Inmobles da revisión catastral anulada polo TSXG”.
A institución tramitará a devolución de en torno a 6.000 liquidacións por un importe de arredor de 1.200.000€.

INDECENTE E PARTIDISTA
O alcalde de Sarria e candidato de Camiña Sarria a revalidar a Alcaldía nas eleccións do 28 de maio, Claudio Garrido, cualificou como “politicamente indecente” o “uso partidista da Deputación de Lugo que está a facer o seu presidente, José Tomé, co anuncio da devolución “tan pronto como sexa posible” dos cobros do Imposto de Bens Inmobles (IBI).
Claudio Garrido considera “incrible e inaudito” que o presidente do organismo provincial aproveite a xornada da convocatoria das eleccións municipais para “tratar de enganar á veciñanza de Sarria cunha burda manobra partidista, froito da desesperación ante a debacle que lles espera o 28M, co obxectivo de tentar impulsar o novo candidato socialista, Benjamín Escontrela, que non queren nin os militantes do partido polo que se presenta”.
“Foi o propio José Tomé, que agora pretende vender como un grande logro as devolucións, quen aprobou esas liquidacións cunha resolución de Presidencia o 31 de maio de 2022”, apuntou o alcalde, antes de resaltar que “o Concello de Sarria nin chegou a ingresar eses cartos nin tiña competencias para devolvelos, ao ter delegada a xestión do imposto na Deputación”. Ao respecto, salienta que a través dun escrito dirixido desde a Alcaldía á Xerencia Territorial do Catastro o 19 de setembro de 2022 foi como se solicitou a revisión de todas as notificación de liquidacións realizadas ao abeiro do procedemento simplificado de valoración colectiva por estar caducadas. Un mes despois, concretamente o 21 de outubro de 2022, a Xerencia Territorial do Catastro respondera confirmando a “declaración da caducidade do procedemento simplificado de valoración colectiva”.Garrido repróchalle ao presidente da institución provincial que, a pesar de ter asinado un decreto o 15 de decembro de 2022 no que constataba a anulación das liquidacións do IBI de natureza urbana, eses importes cobrados pola Deputación sigan sen devolver aos contribuíntes tres meses despois”.
“Hai tres meses tiña os mesmos argumentos xurídicos e técnicos que hoxe para proceder á devolución, pero todo apunta a que Tomé estivo retrasando a devolución para facela coincidir coa campaña electoral, o que, ademais de ser mesquiño por xogar cos cartos dos contribuíntes, amosa unha preocupante pretensión de interferir desde a Deputación na campaña electoral de Sarria”, asegurou o alcalde e candidato de Camiña Sarria Claudio Garrido.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Korbis e Ribeira Sacra, segundas e terceiras na Liga Xuvenil Feminina

Seguinte Nova

O Concello do Incio colabora coa Fundación Uxío Novoneyra

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss