A portavoz nacional, Ana Pontón, do BNG, propón que os 250 millóns de euros que o PP quere dar a Altri para desenvolver o seu proxecto de «macrocelulosa contaminante» se destinen a un Plan Ulloa-Ulla-Arousa para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico destas comarcas, afectadas polo proxecto da multinacional portuguesa, que considera «unha bomba ambiental» que o Partido Popular quere implantar no corazón de Galiza.
Pontón avanzou esta proposta logo de reunirse en Palas de Rei con representantes do ámbito económico da comarca da Ulloa e visitar a cooperativa Milhulloa, un dos moitos proxectos que apostan polo desenvolvemento sustentable para fixar poboación e que Altri poría en risco co seu proxecto.
A líder nacionalista defende un plan sostible e alternativo que se basea en tres grandes eixos de actuación. En primeiro lugar, apoio a proxectos económicos de transformación no medio rural, cunha gran capacidade para innovar e instalar novas empresas produtivas no ámbito agrogandeiro. En segundo lugar, a recuperación do río Ulla para contribuír á recuperación da ría de Arousa, con investimentos específicos para mellorar o seu estado de conservación. E un novo modelo forestal sostible.•
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O Partido Popular de Sarria solicitará un pleno extraordinario para esixir a reapertura do matadoiro municipal,
Os populares solicitan flexibilizar as normas para facilitar o traballo de transportistas e denuncian o bloqueo
O BNG presentou en Monforte a súa nova campaña en defensa dun modelo de financiamento galego,
O Partido Popular de Monforte deu inicio ao curso político cunha reunión con afiliados e simpatizantes,
O Partido Socialista da provincia de Lugo celebra a constitución da nova Agrupación Socialista da Pobra