
Antonio Ameijide e Katy Varela, voceiros do PP, criticaron duramente a xestión de José Tomé, alcalde de Monforte e presidente da Deputación, respecto da marcha do CRAEGA da cidade. Consideran que Tomé busca escusas e desvía a responsabilidade, cando é o único culpable. Demandan que «deixe de lado os seus caprichos persoais e actúe en beneficio dos veciños». Lembran que Tomé non se sentou a falar co CRAEGA, negándose a buscar solucións para que a entidade permanecese en Monforte. Katy Varela afirmou, que “un alcalde de verdade se preocuparía polos seus veciños e por manter os postos de traballo na súa cidade”, ao pregunta: “Que fixo realmente o alcalde? Nada. Mirar cara outro lado e cando se lle pediu a súa axuda mirou cara outro lado e, incluso, votou en contra nos plenos”. Ameijide, pola súa parte, considera que «o ego de Tomé sáelle moi caro aos veciños da provincia e, máis aos veciños de Monforte”.•