Circo Nevada, a longametraxe documental dirixida por Manuel Valcárcel, terá a súa estrea mundial no Playdoc International Film Festival

O venres 28 de abril as 21:30h foi o día sinalado para a estrea mundial da longametraxe documental Circo Nevada producida por Amanita Studio, produtora monfortina responsable de filmes como Os días Afogados, Idénticas ,ambas gañadoras do mestre mateo ao mellor documental, ou a coproducción Lúa Vermella estreada na Berlinale. Dirixida por Manuel Valcárcel diretor do documental Tempo e operador de cámara para series de éxito nacional e internacional como La Unidad ou, máis recentemente, na longametraxe Life is Live, Circo Nevada participará na sección a competición Galicia dentro do prestixioso Play Doc International Film Festival en Tui que se celebrará entre os días 26 de abril e 01 de Maio. Circo Nevada, que conta coa participación de Deputación de Lugo e o Concello de Monforte, é unha longametraxe documental que xira en torno as vivencias dos integrantes do Circo Nevada durante o tempo que quedaron en Monforte, polas restriccións de movilidade durante a pandemia da COVID-19. O filme fala sobre as súas emocións, e as dificultades de enfrentarse a unha situación cada vez máis angustiosa, sen poder volver as súas casas e sen poder realizar actuación algunha. Pouco a pouco vaise creando un microcosmos, fiel reflexo da sociedade na que vivimos , onde as clases sociais separáronse máis e máis a medida que avanzou a pandemia.

A estrea supuxo o pistolezado de saída a unha distribucción que terá un percorrido multiplataforma que levará a película a viaxar por diversos festivais de cinema, concellos galegos e salas de cine. En palabras do produtor do filme Iván Patiño “ A estrea en Play Doc supón comezar da mellor maneira posible a distribución do filme. Play Doc é un dos mellores festivais de documentais que existen en España e competir na sección oficial da boa conta de que a película desperta un grande interese”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A volta de José Ramón Gómez Besteiro, á primeira liña, desencadea a tormenta política dos anónimos

Seguinte Nova

Preséntanse as listas do Partido Popular, BNG e Esperta Monforte ás eleccións municipais

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss