A castaña galega: un tesouro en perigo que merece protección

Galicia é un dos maiores productores de castañas. Con concellos como Vilardevós, Manzaneda, e Courel, esta terra produce castañas de excelente calidade que teñen un impacto económico vital para as familias e unha gran importancia cultural. A metade da súa produción destinase ao consumo fresco, mentres que a outra metade é utilizada polas industrias para a súa transformación en productos como fariñas, cremas e confituras. Este sector proporciona máis de 500 empregos directos e 800 indirectos. Tamén desempeña un papel crucial na prevención de incendios forestais e axuda na loita contra a mudanza climática. A pesares da súa importancia, este sector está a sufrir un abandono gradual debido a varios factores, incluíndo o abandono rural, o envellecemento da poboación, baixos prezos e problemas de pragas e enfermidades. A súa supervivencia é vital para a economía local e a preservación da paisaxe galega. Este ano, a situación tense complicado aínda máis debido ás condicións climáticas. O clima seco e a caída prematura das follas e ourizos afectaron as perspectivas dunha boa colleita. A situación tamén afectou ás comercializadoras, xa que Galicia non produce abondo castañas para satisfacer a demanda da súa propia industria. A castaña galega é un recurso natural, económico e cultural incalculábel que require protección e apoio, motivo polo que desde Interior Galego Vivo, demandan medidas específicas para protexer este sector que consideran vital:

  • Axudas económicas para os produtores que sufriron perdas nos últimos dous anos.
  • Conceptualización de «souto tradicional» para diferenzialo de soutos de nova plantación.
  • Axudas e liñas de actuación para a recuperación de soutos tradicionais, tendo en conta a súa distribución xeográfica.
  • Liñas de financiamento para mecanización das tarefas nos soutos, creación de novos soutos con variedades resistentes a enfermidades, e procesos de transformación.
  • Campañas de promoción do produto para incrementar o seu consumo e poñer en valor a IXP «Castaña de Galicia».
  • Controis estritos para garantir que os produtos co selo «de castaña» conteñan unha alta porcentaxe de castaña en súa composición.
    A castaña galega é un tesouro que merece protección e apoio. Só cunha xestión adecuada e medidas de apoio, poderemos preservar este recurso natural e cultural que é fundamental para Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Cume Tapas Exprés dedícase á loita contra o cancro de mama

Seguinte Nova

Ampliación do investimento no Servizo de Axuda no Fogar en Monforte

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss