Semente de Monforte cumple dez anos impulsando o emprendemento

Convocada unha nova edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Imaxe da entrega de premios da pasada edición do Semente Ribeira Sacra. Foto ARQUIVO.

Este ano, o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra conmemora unha década de fomento ao emprendemento rural e á innovación na valorización dos recursos do medio rural galego. Ao longo destes 10 anos, esta iniciativa ven impulsando ideas empresariais que contribúen ao desenvolvemento económico e social da comarca, grazas ao apoio económico que supón ser finalista deste certame.

DEZ ANOS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO

Todo xurdiu en 2014 cando o segundo premio da Lotería do Neno tocaba en Monforte. Foi entón, cando un grupo de voluntarios agraciados co premio, constituían Semente de Monforte, unha asociación que buscaba que algo desa sorte puidese reverter na cidadanía. Contou con figuras tan ilustres como Julia Otero o María Emilia Casas Baamonde. Pasaron dez anos desta iniciativa que non deixou de crecer e que debe ser valorada na súa xusta medida para que poida continuar a súa aposta polo emprendemento no rural da Ribeira Sacra.•

PROXECTOS INNOVADORES
O obxectivo primordial do concurso é atopar proxectos innovadores que dinamicen o medio rural e poñan en valor os seus recursos, con especial preferencia polos proxectos vinculados á Ribeira Sacra. Non obstante, o concurso está aberto a todas aquelas persoas físicas, independentemente da súa procedencia xeográfica, que teñan unha idea empresarial compatible cos obxectivos do certame.

20.000 € EN PREMIOS
Para esta décima edición do concurso, porá disposición dos participantes un total de 20.000 euros en premios, distribuídos do seguinte xeito:
1º Premio: 10.000 €.
2º Premio: 6.000 €.
3º Premio: 4.000 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de ideas permanecerá aberto desde o 1 de marzo até o 31 de maio, e os interesados poderán enviar as súas propostas a través da web sementeribeirasacra.org, sen ningún custo de inscrición. O 22 de xullo, o xurado dará a coñecer os nomes das dez ideas seleccionadas que considere de maior interese para avanzar aos seguintes pasos do certame.
A presentación da idea debe incluír os seguintes elementos:

  • Título do proxecto (resumo de 20 palabras).
  • Descrición xeral (300 palabras).
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras).
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras).
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras).
    Os participantes seleccionados terán ata o 30 de setembro do 2024 para presentar o proxecto rematado, achegando os arquivos PDF a través dun formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

EXPOSICIÓN E DEFENSA
O día 26 de outubro do 2.024, o Parador de Turismo de Monforte de Lemos acollerá a exposición e defensa dos proxectos finalistas, culminando coa entrega de premios nun evento que celebrará a creatividade e o emprendemento na nosa comarca.
Cumpre lembrar, que na pasada edición, o primeiro premio do Concurso Semente Ribeira Sacra, foi para Chorima Cosmética Atlántica, cun proxecto para obter extractos vexetais para uso no sector da cosmética, mediante a nova técnica de Extracción Asistida por Ultrasóns (EAU). Mentres que o segundo e terceiro premio recaeron en proxectos monfortinos, LamasDulce coas súas galletas personalizadas decoradas e Bikarte e o seu proxecto de alugueiro de bicicletas con servizo de visitas guiadas a través dunha aplicación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno avanza no seu Plan de Dinamización

Seguinte Nova

Asinado o contrato para o Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: