• O Concello de Sober vén de incrementar a oferta de actividades no Ximnasio Municipal. A actividade de Ximnasia de Mantemento ofrécese os martes, mércores e xoves ás 11 horas, e os xoves pola tarde ás 17,30. Ademais, incorpórase a actividade denominada En Forma, na que se desenvolven diversos modelos de entrenamento, os martes e mércores a partir das 16,00 horas.
Outra das novidades é a actividade Danciña Fitness, na que se mestura o acondicionamento físico co baile. As clases son os martes e mércores a partir das 18,00 horas. Todas as actividades son gratuítas.
As instalacións do Ximnasio Municipal de Sober están abertas os martes e mércores de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, e os xoves de 10 a 14 horas e pola tarde de 17,30 a 20,30 horas, para aqueles usuarios que desexen facer exercicio pola súa conta.
Segundo explicou o alcalde de Sober, o Concello vén de adquirir novo material para o Ximnasio Municipal. A compra incluiu unha nova cinta de correr e unha bicicleta estática horizontal, entre outros equipamentos.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
Monforte de Lemos está a piques de acoller un evento deportivo de alto nivel: o Campionato
O Pavillón da Pinguela acolleu a XV edición deste Torneo de ámbito autonómico, organizado polo Club
Preto de 1000 atletas sairon á rúa para participar nunha das probas deportivas máis importantes das
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana