O Centro do Viño de Monforte acolle ata decembro un curso de especialización en enoturismo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), co apoio da Deputación. Preto dunha vintena de participantes estanse a formar en aspectos como a elaboración de catas de viños, o servizo e xestión de sala, o traballo en adegas e a xestión do negocio. O curso tamén ofrece formación para crear produtos enoturísticos, a través de ferramentas de comercialización, marca, comunicación e marketing. As xornadas están a cargo de Xoán Cannas, do Instituto Galego do Viño. A Deputación colabora cunha achega de 60.000 euros á Asociación de Hostalería da provincia. •
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
Os días 10, 11 e 12 de maio, o Concello de Taboada acollerá a segunda edición
A Feira, na súa 31ª edición, celebrarase tres días seguidos, dende o venres 3 ata domingo
O Concello de Pantón agarda con entusiasmo os días 11 e 12 de maio para celebrar
A primeira fin de semana de maio chegará con todo o esplendor da enoloxía ás históricas