Pantón celebra a XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón o 11 e 12 de maio

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e os concelleiros, Cristina Domínguez e Manuel López durante a presentación XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón.
Foto Mateo L. Veiga.

O Concello de Pantón agarda con entusiasmo os días 11 e 12 de maio para celebrar a XXIX edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, un evento que, ao longo dos anos, se converteu nun referente gastronómico e cultural da zona. Este evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, é unha oportunidade única para degustar os mellores viños da comarca nun ambiente festivo e acolledor.
A presentación desta edición tivo lugar o pasado venres coa participación do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, xunto cos concelleiros Cristina Domínguez e Manuel López. Foi o Alcalde José Luís Álvarez, o que quixo destacar a importancia desta festa para promocionar o municipio e os seus viños, sendo ademais un dos principais atractivos na axenda festiva de Pantón. “Somos o único concello da Ribeira Sacra con tres ribeiras, iso xa é especial”, sinalou o alcalde, animando a todos a participar nesta celebración.
Cristina Domínguez aseguraba, “Mantemos o encanto dunha feira tradicional e pequena, con carácter cercano para veciños e visitantes que nos acompañan. Para o pregón contamos cunha persoa que é veciña e coñecida. Para nós é unha honra que Alexandra Seara sexa a pregoeira desta edición porque é moi querida por todos e porque queriamos que este ano pregoase unha muller e non calquera muller”.
Como prólogo á Mostra, o xoves, 9 de maio, ás 20:30h, haberá unha cata de viños comentada na adega do Pazo de Ferreiroá, onde o enólogo Alfonso Losada Quiroga guiará aos asistentes nun percorrido sensorial a través dos mellores viños da zona.

Este ano, a mostra contará con 10 adegas participantes, Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura, Corzoás e Fento Wines. A apertura das casetas farase ás 12:00h do sábado e media hora despois entregaranse os premios do IX Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica. A programación oficial domezará o sábado, día 11 de maio, coa inauguración oficial ás 13:00h a cargo de D. Antonio Acevedo Prado, Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, seguida dun brinde simultáneo co Día Movemento Viño D.O. e a VII Festa da Empanada. A música en directo, a cargo da Orquestras Gran Parada, amenizará a festa ata altas horas da noite.
O domingo, día 12 de maio, a celebración continuará co pregón da Mostra, a cargo de Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, seguido de música en directo, actuacións culturais e moita diversión para todas as idades. Pantón agarda a chegada de veciños e visitantes para disfrutar dunha festa onde a tradición, a gastronomía e o viño se fusionan nun ambiente de alegría e convivencia. Despois desta Festa de Interese Turístico de Galicia, Pantón acollerá unha nova edición de Rota do Románico. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde José Manuel Arias na FEMP

Seguinte Nova

Feira do viño de Vilachá. Música, viño e propostas gastronómicas

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss