Achégase o final da fase inicial da liga de Preferente, e a traxectoria dos dous equipos do sur de Lugo que nos representan nesta categoría está a ser ben distinta. Mentres os lemistas están a sufrir un claro baixón tras o esperanzador comezo de liga na que obtivo tres triunfos consecutivos, momento no que parecía que se postulaban como claros favoritos para conseguir unha das dúas prazas que dan acceso a xogar a fase de ascenso a Terceira División, a realidade é que nos seus últimos cinco encontros non estiveron á altura que se esperaba, obtendo só 4 puntos dos 15 posibles, o que lle complica un obxectivo que asegurou a SD Sarriana, tralo empate logrado no campo dun dos seus rivais directos, o SD Residencia, na pasada xornada, o que confirma a boa serie de xogo e resultados dos de Charlie.
Quedan aínda dúas xornadas, e o Club Lemos ten que enfrontarse aos dous primeiros clasificados, SD Residencia na Pinguela esta fin de semana e SD Sarriana a seguinte, no campo da Ribela,
no que se prevé gran emoción nun derbi de máxima rivalidade, que será o seu último tren para seguir pelexando polo ansiado ascenso a Terceira División.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
A segunda e definitiva xornada do Campeonato de España Masculino de Pitch & Putt non decepcionou
Extraordinaria a tempada que está a facer a SD Sarriana. A pesar da derrota na derradeira
O Campionato de España de Taekwondo reuniu en Monforte a 373 taekwondistas procedentes das 17 Comunidades
Uns 200 deportistas con discapacidade intelectual de 13 entidades das catro provincias galegas participaron nesta xornada
Monforte de Lemos está a piques de acoller un evento deportivo de alto nivel: o Campionato